Monday 06 de May de 2024

Preto de 600 persoas aproveitaron a última xornada de portas abertas na Fábrica de Tabacos para ver o resultado das obras



Os tres días de visitas guiadas péchanse cun balance de máis de 2.500 asistentes e unha chea de felicitacións para os responsables do proxecto de rehabilitación

Preto de 600 persoas aproveitaron a última xornada de visitas guiadas a antiga Fábrica de Tabacos da Coruña, xa reconvertida en sede xudicial. Hasta 14 grupos organizados participaron en outras tantas visitas guiadas por profesionais, que explicaron con todo detalle a historia, o proceso de recuperación e mesmo a nova distribución das dependencias, na que xa se levan días traballando.

En total, nas tres xornadas de portas abertas superáronse os 2.600 visitantes. Todos os veciños que mostraron o seu interese por ver o interior do edificio puideron facelo. A partires de agora, e durante un mínimo de catro semanas, se completará o traslado das dependencias e dos traballadores hasta culminar o proceso co cento por cento dos preto de 200 traballadores que pasarán a ocupar a nova sede da Audiencia Provincial e o resto de dependencias do edificio.